Certame de fotografía "Un outono fotográfico".


Velaí veñen Samaín e Magosto! Nestas dúas festas populares galegas, as cabazas, as espigas e as castañas son elementos indispensables para achegármonos ao outono. Con elas lembramos tamén tradicións que teñen que ver cos recordos dos que viñeron antes ca nós.

Dende a biblioteca do CPI de Rodeiro, invitámosvos a participar no Certame "Un outono fotográfico": sube a túa foto cuxa temática terá que ser a outonía.

Estes son algúns exemplos das fotos que podedes subir:

  • Pode ser unha foto dun debuxo sobre "O Samaín" ou sobre " O Magosto".
  • Pode ser unha foto dun traballo que esteas realizando na clase como por exemplo a creación de figuras con cabazas, castañas, follas, espigas...
  • Pode ser unha foto exterior dalgún elemento da natureza que recorde ao outono.
  • Pode ser unha foto familiar comendo nas castañas.
  • Pode ser unha foto túa disfrazado no Samaín.
  • Pode ser todo o que ti queiras, todo o que poidas imaxinar...
Déixate levar, canto máis orixinal, mellor!
PASOS A SEGUIR:

1. Vai á seguinte dirección: ENLACE

2. Preme no círculo que corresponda segundo sexas de Infantil, Primaria ou Secundaria.

3. Se xa tes a túa foto no móbil súbea dándolle a frecha vertical. Se aínda  non a tes dalle ao símbolo que representa unha cámara e saca a fotografía nese mesmo instante.

 4. Non esquezas poñer o teu nome e o teu curso!


Tes de prazo ata o  11 de novembro.

Un saúdo e... A fotografar !

Comentarios