Que gran traballo!
O noso CPI resultou galardoado no III concurso de Podcast-Radio na Biblio. O noso Podcast premiado “As aventuras do avó Manuel” foi elaborado polo alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria. Será difundido pola Radio Galega a través das súas páxinas www.diariocultural.gal; así como na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O alumnado, sempre que a situación sanitaria o permita, poderá visitar as instalacións da Radio Galega en Santiago de Compostela. O premio leva ademais unha dotación de 1000€ para a radio escolar do centro. Unha vez que sexa difundido pola Radio Galega subirémolo ao noso blog.
Un gran aplauso para todos os implicados:





Comentarios
Publicar un comentario